Vaia planazo!
Proposta integral
para a túa aula
Recursos educativos
para o docente
TAMBRE EDELVIVES TEN UN PLANAZO
Presentámosche unha proposta integral para a túa aula. Dous proxectos educativos que se complementan para armar o plan perfecto nas túas clases.
É moi sinxelo: combina, elixe e crea o teu propio plan.
Que contas. Matemáticas manipulativas para descubrir a presenza das matemáticas no día a día e superar retos cognitivos a través da manipulación.
Que ves? O infantil por proxectos ampliou a súa oferta de temas, algúns tamén en inglés.
MATERIAIS DO PROXECTO
Que contas
Preséntase nunha cómoda carpeta que contén:
- 3 cadernos, un para cada trimestre.
- Un libro de imaxes matemáticas para descubrir o mundo desde unha perspectiva matemática.
- Material manipulativo para dinamizar a aprendizaxe:
- Xogo magnético que consta dun encerado magnético e dun set de imáns para traballar os números, as cantidades e as series. Con bolsiñas para organizalos.
- Números con textura para traballar o trazado dos números 0, 4, 5, 6 e grafía numérica.
- Mateformas de distintas cores para traballar a contaxe, as cores, as cantidades, as agrupacións, as series…
- Corda con marcas para traballar os conceptos de medida.