POLÍTICA DE PRIVACIDADE E PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS

A continuación exponse nesta sección a Política de Privacidade e Protección de Datos Persoais aplicable ao SITIO WEB sobre a información que o USUARIO pode facilitar cando faga uso do mesmo.

  1. Política de Privacidade
  2. Proceso de rexistro

1. Política de Privacidade

A Política de Privacidade do GRUPO EDITORIAL LUIS VIVES está presidida polo cumprimento da lexislación vixente en materia de Protección de Datos de carácter persoal e a Lei de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico.

En cumprimento do establecido na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembre, de Protección de Datos de Carácter Persoal (en adiante, LOPD), o GRUPO EDITORIAL LUIS VIVES informa de que os datos de carácter persoal proporcionados polo USUARIO, así como aqueles datos aos que se poida acceder como consecuencia da súa navegación, serán incorporados a un ficheiro automatizado titularidade do GRUPO EDITORIAL LUIS VIVES. Este ficheiro está rexistrado na Axencia Española de Protección de Datos, con código de rexistro 2113321169.

Naqueles casos onde sexa necesario cumprimentar un formulario ou remitir un correo electrónico (e facer clic no botón enviar), a súa realización implicará necesariamente que o USUARIO fose informado (en virtude do artigo 5 LOPD) e, no seu caso, prestase o correspondente consentimento (a teor do artigo 6 LOPD) ao contido da presente Política de Privacidade.

Cando o USUARIO facilita os seus datos de carácter persoal, está autorizando expresamente a GRUPO EDITORIAL LUIS VIVES ao tratamento dos seus Datos Persoais para crear e xestionar ficheiros de USUARIOS, xestionar e administrar o seu acceso aos contidos, elaborar estatísticas de uso, remitir boletíns informativos e xestionar calquera tipo de incidencia no servizo.

Así, sempre que o GRUPO EDITORIAL LUIS VIVES solicite ao USUARIO datos de carácter persoal, incluirá unha ligazón vinculada á presente Política.

Os USUARIOS que facilitasen os seus datos ao GRUPO EDITORIAL LUIS VIVES poderán dirixirse a este, na súa calidade de Responsable do ficheiro, co fin de poder exercitar gratuitamente os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición respecto dos datos incorporados nas súas ficheiros. Dado o carácter confidencial da información, o USUARIO non poderá exercitar os seus dereitos telefonicamente, debido a que este medio non permite acreditar a súa identidade como titular dos datos rexistrados. O interesado poderá exercitar os seus dereitos mediante comunicación vía e-mail ao correo electrónico lopd@edelvives.es remitido desde o enderezo de correo electrónico que conste no rexistro do usuario no SITIO WEB, co fin de asegurar a identificación do mesmo. O USUARIO tamén poderá poñerse en contacto co GURPO EDITORIAL LUIS VIVES por correo postal no seguinte enderezo: A/A: Departamento Legal, Edelvives, C/Xaudaró, 25, 28034 Madrid, coa seguinte referencia na súa carta: Exercicio de dereitos LOPD (nesta modalidade de notificación, mediante correo postal, o usuario deberá acreditar a súa personalidade achegando fotocopia do seu D.N.I.).

O GRUPO EDITORIAL LUIS VIVES resérvase o dereito a modificar a presente Política de Privacidade, de acordo ao seu propio criterio, ou motivado por un cambio doutrinal da Axencia Española de Protección de Datos, lexislativo ou xurisprudencial. Calquera modificación da Política de Privacidade será publicada polo menos dez días antes da súa efectiva aplicación. O uso do SITIO WEB despois destes cambios implicará a expresa aceptación dos mesmos.

O GRUPO EDITORIAL LUIS VIVES adoptou os niveis de seguridade de protección dos Datos Persoais legalmente requiridos pola normativa vixente, e instalou todos os medios e medidas técnicas e organizativas ao seu alcance para evitar a perda, mal uso, alteración, acceso non autorizado e roubo dos Datos Persoa facilitados polo USUARIO.

2. Proceso de rexistro

Para poder rexistrarse e acceder a todas as funcionalidades do SITIO WEB o USUARIO terá que seguir o proceso de rexistro. Este proceso está presidido polo cumprimento da normativa en materia de Protección de Datos. O SITIO WEB solicitará ao USUARIO os seguintes datos:

  • Nome e apelidos. Nome de usuario.
  • Correo electrónico.
  • Código de Rexistro: para poder acceder aos recursos do SITIO WEB é necesario introducir un código que identifique como usuario dos materiais de SOMOSLINK.
  • Nome, Localidade e Provincia do Centro Escolar: dado que o SITIO WEB está dirixido a profesores, a finalidade destes datos é poder identificar o docente.

O nome de usuario, contrasinal e código de rexistro que permiten o acceso ao SITIO WEB son persoais e intransferibles, non estando permitida a cesión, nin sequera temporal, a terceiros. En tal sentido, o USUARIO comprométese a facer un uso dilixente e a manter en segredo a mesma, asumindo toda responsabilidade polas consecuencias da súa divulgación a terceiros.

No suposto de que o USUARIO coñeza ou sospeite do uso do seu contrasinal por parte de terceiros, deberá poñer tal circunstancia en coñecemento de GRUPO EDITORIAL LUIS VIVES á maior brevidade.