Brisa, por un mundo mejor
O proxecto BRISA traballa a formación integral das persoas. Nace co obxectivo de axudar os nenos e as nenas a aprender deles e delas mesmos e de quen os rodean, así como de comprometerse a transformar o mundo. Para iso, Rúa, a protagonista do proxecto, visitará diferentes escenas dos Evanxeos e coñecerá distintos personaxes que se presentan como modelos de vida.
MATERIAIS DO PROXECTO
Contos
Tres contos por cada nivel, un por trimestre, que preceden ao traballo das fichas do caderno do alumnado. Neles nárrase, de forma ficticia, o encontro dun ou varios personaxes dunha panda de colegas co protagonista da unidade ou coa escena do Evanxeo presentada. Cada conto queda estruturado en sete dobres páxinas e inclúe diversas actividades.
Caderno do alumnado
Cada unidade consta de catro fichas de traballo organizadas en dous apartados:
- Rúa investiga: Inclúe dúas fichas coas que se aborda o contido traballado no conto, primeiro nelas e neles mesmos e, despois, nos demais.
- Rúa celebra connosco: Consta doutras dúas fichas, na primeira celébrase a Palabra lendo o texto bíblico en que se basea o conto e se accede aos símbolos e personaxes máis relevantes; na última ficha recóllese o aprendido a xeito de reflexión, avaliación e compromiso de futuro para transformar e mellorar o mundo que os rodea.
Libro viaxeiro
Rúa acompaña os nenos e nenas a dous escenarios diferentes para traballar os contidos da unidade a través de obras de arte, fotografías de situacións vitais ou edificios. Preténdese fomentar o pensamento creativo, crítico e rigoroso, así como a empatía e comprensión das vivencias que están representadas.