Catálogo literatura
Filtrar
PecharA chegada de Kumamoto revoluciona os hábitos da familia Pérez Barreiro.
A Iago encántalle ir ao colexio. A súa mestra é xenial. Na clase fan traballos manuais, disfrázanse, escoitan contos... No patio pásao moi ben con Uxía, Tomé e Alí. Cada día é unha aventura!
Coello ten un desexo. Un desexo pequerrecho que anda a rebulir pola súa casa e ao que non dá pillado. Un desexo toleirán, de rechamante cor rosa, ao que xa lle tarda que lle fagan caso...
Tomás non sae nunca á rúa. Fóra da seguridade do fogar axexan os perigos; todo lle resulta inestable. Só nas horas en que se sente máis consolado, atrévese a observar dende a fiestra a vida activa do seu barrio. E un deses días advirte que chegaron novos veciños.
As parellas de animais deste libro poden parecer diferentes, pero comparten detalles que os achegan: longos pescozos, cores semellantes, viven no mesmo espazo, fan as mesmas cousas ou teñen o mesmo
Tito é un pallaso e a estrela indiscutible do circo Rando; un personaxe cheo de inxenuidade, capaz de marabillarse con todo o que descobre e de ir recoñecendo os seus sentimentos.