Catálogo literatura
Filtrar
PecharA Benita e Malva —dúasxemelgas idénticas só naaparencia— acaban deabandonalas os pais. Unhaauxiliar de policía encárgasede levalas cun suposto tío,Eustache Chaillot, que rexentaun restaurante en París. PeroChaillot foi acusado de asasinarun crítico que falou mal dassúas célebres croquetas.
Os animais da granxa prepáranse para irse deitar: o pitiño batuxa na bañeira, o parrulo cepilla o peteiro, a vaca pon o seu pixama favorito e o porco le un conto. Un libro con lapelas sobre os hábitos previos a ir durmir.
Catro exercicios de relaxación, con palabras e movementos, que axudan a acougar os nenos e ao seu benestar.
Cacarabín, Cacarabón é unlibro de poemas baseados principalmente no folclore infantil.
O neno comprende así o marabilloso xogo do ritmo que poden encerrar as palabras elixidas segundo a el lle pete.
Cadeliño foi ao zoolóxico coa súa nai e alí atopo umoitos animais: o león, a xirafa, o cisne... Todos tiñan algo especial, mesmo el, pero Cadeliño aínda non o sabía.
Hai tantas casas coma xente que vive nelas. Casas con tellado, casas de tea, casas de papel, casas de palla, casas acolledoras e casas enfadadas. Cómpre levarse ben con elas, para que te protexan e te coiden.
Animais, elementos da natureza, froitas, xoguetes, materiais para a escola, profesións, contos tradicionais e festas escolares. Entre estas oito seccións repártese o cento de ocorrentes adiviñas que completan este libro.
Unha moza de 15 anos ten problemas de entendemento co pai, desconfiado e machista. Para que non se vexa con Carlos, o mozo que lle gusta, envíaa a un campamento de verán en Sanabria.
A Paulo e a Antía encántalles estar xuntos e descubrir o mundo mentres conviven: xogan, báñanse, saen de excursión ao campo e á granxa, van á praia, ao zoo, ao circo... En cada un deses sitios gozarán de cousas que xa coñecían e das súas novas descubertas.
No ano 1936, Nicasio, un mociño dunha aldea da Terra Chà, acode co seu pai a traballar como segador en Castela. Porén, ao pouco de chegar alí, foxe desa vida de braceiro. El quere coñecer a capital, o Madrid moderno.
As parellas de animais deste libro poden parecer diferentes, pero comparten detalles que os achegan: longos pescozos, cores semellantes, viven no mesmo espazo, fan as mesmas cousas ou teñen o mesmo