Vaia planazo!
Proposta integral
para a túa aula
Pídenos máis info!
TAMBRE EDELVIVES TEN UN PLANAZO
Presentámosche unha proposta integral para a túa aula. Dous proxectos educativos que se complementan para armar o plan perfecto nas túas clases.
É moi sinxelo: combina, elixe e crea o teu propio plan.
Que contas. Matemáticas manipulativas para descubrir a presenza das matemáticas no día a día e superar retos cognitivos a través da manipulación.
Que ves? O infantil por proxectos ampliou a súa oferta de temas, algúns tamén en inglés.
TEMAS
Formigas
Sabías que existen máis de 12000 especies de formigas? E que viven en todos os continentes? E que hai sitios onde son unha comida moi valorada? A que agardas para coñecelas!
MATERIAIS DO PROXECTO
Material do alumno
Cada carpeta do proxecto contén:
- Caderno de traballo
- Láminas de traballo que permiten deixar evidencias do traballo realizado.
- Adhesivos e troquelados.
- Libro informativo
- Aborda o tema do proxecto desde diferentes perspectivas: científica, artística, literaria, cultural...
- Conto narrativo
- Ten como eixe o tema do proxecto.
- Láminas de material específico
- Para utilizar nas propostas de obradoiros e actividades do recuncho do proxecto.
- Material personalizable
- Consta dunha carta para a familia, un diploma e un carnet.
Material do docente
O Caderno de bitácora contén:
- A proposta pedagóxica do proxecto, cómoda e fácil de usar, en que se estruturan as fases do proxecto. Alí atoparás:
- Diversos itinerarios para que poidas configurar a túa propia ruta: con que queremos comezar, que información necesitas ampliar, que obradoiros e actividades do recuncho che gustaría facer...
- Espazos para que fagas as túas anotacións e para que personalices as propostas.
- Imaxes relacionadas co tema que permiten elaborar o mapa mental do proxecto.