Cargando...

Novo proxecto de Relixión católica
para Educación Infantil

Novo proxecto de Relixión católica para Educación Infantil


Brisa, por un mundo mejor

O proxecto BRISA traballa a formación integral das persoas. Nace co obxectivo de axudar os nenos e as nenas a aprender deles e delas mesmos e de quen os rodean, así como de comprometerse a transformar o mundo. Para iso, Rúa, a protagonista do proxecto, visitará diferentes escenas dos Evanxeos e coñecerá distintos personaxes que se presentan como modelos de vida.

MATERIAIS DO PROXECTO




Brisa

O material do alumnado consta de:
  • Caderno do alumnado
  • Contos
  • Libro viaxeiro


Contos
Tres contos por cada nivel, un por trimestre, que preceden ao traballo das fichas do caderno do alumnado. Neles nárrase, de forma ficticia, o encontro dun ou varios personaxes dunha panda de colegas co protagonista da unidade ou coa escena do Evanxeo presentada. Cada conto queda estruturado en sete dobres páxinas e inclúe diversas actividades.

Caderno do alumnado
Cada unidade consta de catro fichas de traballo organizadas en dous apartados:

  • Rúa investiga: Inclúe dúas fichas coas que se aborda o contido traballado no conto, primeiro nelas e neles mesmos e, despois, nos demais.
  • Rúa celebra connosco:  Consta doutras dúas fichas, na primeira celébrase a Palabra lendo o texto bíblico en que se basea o conto e se accede aos símbolos e personaxes máis relevantes; na última ficha recóllese o aprendido a xeito de reflexión, avaliación e compromiso de futuro para transformar e mellorar o mundo que os rodea.

Libro viaxeiro
Rúa acompaña os nenos e nenas a dous escenarios diferentes para traballar os contidos da unidade a través de obras de arte, fotografías de situacións vitais ou edificios. Preténdese fomentar o pensamento creativo, crítico e rigoroso, así como a empatía e comprensión das vivencias que están representadas.