A proposta de Lingua Galega e Literatura de FanFest está orientada a conseguir plena
autonomía do alumnado en lingua galega, a nivel
oral e
escrito tanto en
comprensión como en
produción. A través dun traballo focalizado nun
desafío final, o alumnado adquirirá
competencias e
saberes básicos para a súa etapa de aprendizaxe.
Todas as áreas de FanFest integran de forma sinxela e natural o traballo cos ODS, a coeducación, a cultura do pensamento e a aprendizaxe cooperativa.