Lingua Galega e Literatura



A proposta de Lingua Galega e Literatura de FanFest está orientada a conseguir plena autonomía do alumnado en lingua galega, a nivel oral e escrito tanto en comprensión como en produción. A través dun traballo focalizado nun desafío final, o alumnado adquirirá competencias e saberes básicos para a súa etapa de aprendizaxe.

Todas as áreas de FanFest integran de forma sinxela e natural o traballo cos ODS, a coeducación, a cultura do pensamento e a aprendizaxe cooperativa.

Libro do alumnado

Os libros están dispoñibles en pauta e cuadrícula. Ademais, conteñen adhesivos, recortables, cuños e rascas. Tamén inclúen a licenza dixital para o alumnado. Así mesmo, contan con material manipulable distribuído en trimestres:

  • Letras móbiles: todas as vogais e consoantes para aprender a escribir palabras e frases, e practicar coas propostas de actividades do interior do libro.
  • Adhesivos e cuños
  • Xogos de concordancia
  • Memory de ortografía.

Saberes básicos

Todas as materias van acompañadas deste libro que reúne os saberes do curso de forma resumida para repasar ou realizar máis situacións de aprendizaxe.

Caderno

  • Un só volume para repasar os contidos de todo o curso.
  • Dispoñible en pauta e cuadrícula.
  • Páxinas específicas de traballo cos ODS e a coeducación.

Antoloxía

A oferta de Lingua Galega e Literatura complétase cunha antoloxía pensada para desenvolver a educación literaria e iniciar o camiño cara á construción da identidade lectora.