LITERATURA Tambre
Pablo e as pombas
Marcos Calveiro
María Pascual
En outubro de 1891, con 10 anos acabados de facer, Picasso chega coa súa familia á Coruña, onde acaban de concederlle ao pai praza de profesor na Escola de Belas Artes. O rapaz axiña se adaptará á cidade e dará mostras do seu carácter curioso e inquedo. Ademais, na Coruña xermolará a súa paixón pola pintura, fará a primeira exposición da súa obra e vivirá o primeiro amor.
Pablo e as pombas está incluída entre os 200 títulos da lista de honra OEPLI 2018, selección que destaca as obras máis significativas do ano pola súa calidade e idoneidade.