Colección Iago
Iago no hospital
Liesbet Slegers
O hospital asusta os nenos e mais os maiores. Coas súas estupendas ilustracións, Liesbet Slegers relátanos un pequeno accidente que sofre Iago, e a súa posterior visita ao hospital e os sentimentos e sensacións que desencadean nel.
Un libro ideal para que o manexen os pequerrechos da casa grazas ao grosor das súas páxinas e aos seus cantos redondeados. Ademais, o texto en letra maiúscula facilita a lectura.