Colección Catavento

A cea das enaguas

An Alfaya

Eloi visita sempre que pode o seu avó Matías, que vive nunha vila costeira na que traballou durante moitos anos de fareiro. Nesas estadías acoden a ver a Sara, unha anciá que vive fechada nunha casa no mutismo máis absoluto; Eloi descobre entón episodios escuros do pasado nos que están implicados os dous vellos e outros habitantes da vila: historias turbias relacionadas co contrabando, amores non correspondidos, traizóns e odios que agromarán logo de moitos anos de silencio. O último deses segredos, se cadra o máis doloroso, incúmbelle ao propio Eloi.

Premio Frei Martín Sarmiento, 2017.

Novela literaria
Colección Catavento
34
Tambre
Idioma Galego
Xénero: Narrativa
Temática: Misterio/Intriga
Categoría: Novela literaria
Área de coñecemento: Lingua e Literatura
Valores: Amor, amizade, familia / Respecto, diálogo, tolerancia
Texto: An Alfaya
215mm x 130mm
179 páxinas
ISBN/EAN: 9788490461488
Código de artigo: 110397

Outros artigos da mesma colección